La voz de galicia

28 04 2010

«Barbanza está a vivir un rexurdimento no eido cultural»

A boirense forma parte da xeración Barbantia e ven de publicar un libro sobre o mal de ollo, un tema no que segue a traballar

Anuncios




Roqueras boirenses ganan espacio en la escena gallega

27 04 2010

El quinteto inicia en mayo una mini gira a la espera de la temporada estival

Roqueras boirenses ganan espacio en la escena gallega

más info





Coa lectura como nexo

22 04 2010

Os ribeirenses que se sintan atraídos pola lectura teñen á súa disposición un foro de debate e opinión. Trátase dun club que iniciou a súa andaina hai un mes, froito da fusión dos existentes nos tres institutos do municipio: o Leliadoura, o Número Un e o Coroso; creados á súa vez polas respectivas APA e polas bibliotecas. A eles engadíuselle o Ateneo Valle-Inclán, lugar onde teñen lugar os encontros, e o departamento de Normalización Lingüística do Concello.

Do que se trata, como comentaba un dos impulsores desta fusión, o mestre Xosé Lois Vilar, é de «sumar forzas para darlle máis consistencia ao club, para garantir o seu futuro e para incrementar o número de participantes».

Esta nova entidade xa organizou unha primeira xuntanza, na que se comentou o libro La jaula de oro . Á reunión acudiu un iraní que reside en Ribeira, pero cuxa visión da situación real do país permitiu facer un interesante contraste coa que se dá na obra literaria.

Os asistentes a esta primeira xuntanza acordaron convocar unha nova sesión, para o 27 de maio, na que se falará do libro Martin Edem , de Jack London. Para o encontro de xuño, do que aínda está pendente de confirmar a data, a obra a comentar será La pista de arena , de Andrea Camilleri.

Convidados

En principio, o que está previsto realizar nestas reunións é comentar o libro, aínda que en ocasións convidarase a persoas que poidan achegar unha nova visión sobre a obra ou sobre o seu contido. Neste sentido, está previsto que en algún dos actos participen os autores das novelas.

Os promotores deste club de lectura insisten en que se trata dun grupo aberto a todos os veciños: «Nestes intres hai xa xente moi diversa. O noso obxectivo é que tamén se sumen estudantes de bacharelato, xa que se trata dun club para adultos», comentou Vilar.

O único requisito que teñen que cumprir os participantes neste colectivo é ler o libro acordado e presentarse no Ateneo Valle-Inclán o día da xuntanza, que sempre comeza ao redor das 19.45 horas.

Aínda que a intención dos promotores desta iniciativa é consolidar o club e darlle continuidade no tempo, non descartan emprender novos proxectos. Xa teñen en mente, por exemplo, crear un foro de cine.





Novo menú gastronómico

16 04 2010